De todas as embarcacións de pesca artesanal, a gamela é a que perdura en maior número e con máis vitalidade. O mar é o gran amigo sustentador, pero outras veces desata as súas forzas hostís. Fíxose necesaria a presenza dunha barca sinxela e moi mariñeira para loitar contra a furia do océano e que fose, á vez, o suficiente liviá para unha rápida retirada do mar, varándoa na ribeira, as rúas ou ao mesmo lado das casas. Todos estes factores poden explicar a existencia da gamela, cuxo nacemento, coa súa estrutura naval de artesa e debido a esta semellanza, é case seguro que pode localizarse entre a comunidade mariñeira da Guarda.
A gamela, lenta, forte e segura, é como o boi do mar.
Eliseo Alonso no libro "Gamelas e mariñeiros" edición Dep.Pontevedra

2022

   

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico  da Deputación de Pontevedra subvenciona a mellora da gamela coa reposición de unha vela mistica.

2020 -21

Sen actividade pola pandemia do coronavirus. O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico  da Deputación de Pontevedra tivo a ben subvencionar a mellora da gamela coa reposición do timón, bateria do foraborda de apoio eléctrico, toldo e remolque.

XIV ENCONTRO FGCMF (Xullo 2019)

No XIV Encontro de embarcacións tradicionais da FGCMF na Guarda os días 11 ao 14.

25 ANOS DA FGCMF (Setembro 2018)

No Obradoiro de Santiago de Compostela polo 25 anos da FGCMF os días 29 de setembro ao 6 de outubro.

XIII ENCONTRO FGCMF (Xuño 2017)

 

No XIII Encontro de embarcacións tradicionais da FGCMF en Combarro (Poio) do 29 se xuño ao 2 de xullo.

MEIRANDE (Outubro 2016)

O día 15 na III Festa "Arde Rande" no Centro Meirande de Rande (Redondela).

MEIRANDE (Outubro 2015)

Na II Festa conmemorativa de Batalla de Rande no Museo Meirande de Redondela o día 17.

V MOSTRA DA GUARDA (Xullo 2015)

Na V Mostra de Tradicións Mariñeiras da Guarda os días 24 ao 26.

XII ENCONTRO FGCMF (Xullo 2015)

No XII Encontro de embarcacións tradicionais da FGCMF en Cabo da Cruz (Boiro) do 9 ao 12.

A RONCADEIRA (Xuño 2015)

Presentación da gamela guardesa adaptada " A Roncadeira" no río Miño en Paxase de Camposancos o día 6.

MEIRANDE (Outubro 2014)

Na I Festa conmemorativa da Batalla de Rande organizado polo Museo Meirande de Redondela o día 18.

IV XUNTANZA (Setembro 2014)

Na IV Xuntanza da Deputación de Pontevedra de embarcacións tradicionais na Punta Moreiras no Grove os días 5 a 7.

IV MOSTRA DA GUARDA (Xullo 2013)

Na IV Mostra de Tradicións Mariñeiras da Guarda co lema "Un mar de tesouros" os días 25 ao 28 de xullo.

XI ENCONTRO FGCMF (Xullo 2013)

No Freixo-Outes (A Coruña) no XI ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial de Galicia os días 11 ao 14, coa colaboración da Asociación Terra de Outes.

PROAMARE (Maio 2013)

 

A Deputación de Pontevedra resolve o día 6, cara a fins de carácter turístico-culturais ou musealización, no marco do proxecto PROAMARE, a mellora e a rehabilitación da gamela guardesa "Asodiña".

XLIX FESTA DO MARISCO (Outubro 2012)

No Grove os días 5 ao 14 co motivo da Festa do Marisco

GAMELA NO MIÑO (Agosto 2012)

No Club Naútico San Telmo de Tui preparado para facer o descenso polo Miño a Seixas o día 9.

III MOSTRA DA GUARDA (Xullo 2011)


O Mar das mulleres, tema da 3ª Mostra de Tradicións Mariñeiras na Guarda os días 30 e 31.

X ENCONTRO FGCMF (Xullo 2011)


Na localidade de Carril organizado pola Asociación Rompetimóns o X Encontro de Embarcacións Tradicionais da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial de Galicia do 30 de Xuño ó 3 de Xullo.

SEMANA NAUTICA DE VILAXOAN (Xuño 2011)

Previo ao X Encontro, a Asociación Marítima e Cultural de Vilaxoán organizou a VII Semana Náutica os días 25 ao 29.
O programa desta edición foi:
Sábado 25: Arribada das embarcaciones e actuación do grupo Amigos do Acordeón de Meaño no peirao.
Domingo 26: Visitas guiadas das embarcaciones tradicionales e navegación libre.
Lúns 27: Actuación do grupo Perla da Arousa.
Martes 28: Regatas de vela e remo.
Mércores 29: Teatro.

II ENCONTRO RIO LIMA (Setembro 2010)

Organizado pola Asociación Barcos do Norte nos días 18 e 19, o 2º Encontro de Embarcacións Tradicionais en Viana do Castelo (Portugal)

VII SEMANA DO MAR DE MOAÑA (Agosto 2010)

Participación na VII xuntanza de embarcacións tradicionais en Meira (Moaña) organizado pola Asociación Sueste o día 7.

VI FESTA RIO CABE (Xullo 2010)

En Monforte de Lemos o día 31 na VI Festa do Río organizado pola Asociación Barcas do Minho

II MOSTRA DA GUARDA (Xullo 2010)

Na 2ª Mostra das Tradicións Mariñeiras da Guarda os días 24 e 25.


XORNADAS MUSEO DO MAR (Maio 2010)


Nas III Xornadas de Patrimonio Intanxible Marítimo, os días 25 e 26, organizadas polo Museo do Mar.

I MOSTRA DA GUARDA (Xullo 2009)

Nos días 25 e 26 mostraronse as gamelas e outras embarcacións do sur da provincia de Pontevedra na mostra do concello de A Guarda.

IX ENCONTRO FGCMF (Xullo 2009)


Do 9 ao 12 en Muros, os IX Encontro de Embarcacións Tradicionais da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial organizados pola Asociación Mar de Muros. Na caseta da Asociación Sodináutica mostrouse dous paneis da gamela.

DESAFIO ATLANTICO (Maio 2009)

O Concello de Vigo organizou a saída do Tall Ships Atlantic Challenge 2009, os días 1 ao 3. No peirao e coas embarcacións participantes mostrabase a gamela máis as das asociacións que forman a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

I MOSTRA NA RAMALLOSA (Marzo 2009)

Organizado polo Club Marítimo da Marisma da Ramallosa, celebrouse a I Mostra de Embarcacións Tradicionais nesta localidade pontevedresa os días 28 e 29.