De todas as embarcacións de pesca artesanal, a gamela é a que perdura en maior número e con máis vitalidade. O mar é o gran amigo sustentador, pero outras veces desata as súas forzas hostís. Fíxose necesaria a presenza dunha barca sinxela e moi mariñeira para loitar contra a furia do océano e que fose, á vez, o suficiente liviá para unha rápida retirada do mar, varándoa na ribeira, as rúas ou ao mesmo lado das casas. Todos estes factores poden explicar a existencia da gamela, cuxo nacemento, coa súa estrutura naval de artesa e debido a esta semellanza, é case seguro que pode localizarse entre a comunidade mariñeira da Guarda.
A gamela, lenta, forte e segura, é como o boi do mar.
Eliseo Alonso no libro "Gamelas e mariñeiros" edición Dep.Pontevedra